jueves. 09.12.2021 |
El tiempo
jueves. 09.12.2021
El tiempo

Abre este luns o prazo de inscricións para as novas rutas de verán da Deputación

undefined
Última 'DepoAndaina', no concello de Mondariz. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
No mes de setembro desenvolveranse sete camiñadas do ciclo Bosques terapéuticos e unha Depoandaina por Ponte Caldelas

O prazo de inscricións para participar nas distintas actividades ao aire libre que a Deputación de Pontevedra organiza no mes de setembro abre este luns.

Son sete as rutas ofertadas de Bosques terapéuticos (105 prazas, 15 por cita), que se desenvolverán nos municipios de Tui, Ponte Caldelas, Meis, Cerdedo-Cotobade e Lalín.

Esta actividade baséanse na terapia de Shinrin Yoku ou baño de bosque, técnica propia do Xapón. Búscase un achegamento á natureza coa finalidade de relaxar a mente e reducir os niveis de tensión, rodeándose dunha contorna cun ritmo sanador.

Os Bosques terapéuticos están dirixidos ó público xeral, que deberá achegarse ao punto de encontro de comezo da ruta cos seus propios medios e seguir en todo momento as normas de silencio indicadas polo guía. Neste caso, a reserva está dispoñible en www.depo.gal/visitas-guiadas-bosques-terapeuticos.

Por outra banda, o 12 de setembro terá lugar a cuarta e última DepoAndaina deste verán, nesta ocasión no sendeiro azul do río Verdugo, no concello de Ponte Caldelas.

As rutas ofertadas no marco do programa 'Bosques terapéuticos' terán lugar nos municipios de Tui, Ponte Caldelas, Meis, Cerdedo-Cotobade e Lalín

Contará con 200 prazas, grazas ás que os asistentes poderán realizar unha camiñada de 8,5 quilómetros de itinerario circular. O espazo, no que se adoitan situar os pescadores do río Verdugo, é o ideal para gozar do paseo con tranquilidade.

A andaina ten unha dificultade media e a saída está programada ás 10h dende a Rúa da Ponte do municipio. Os participantes deberán situarse neste punto, no que se lles asignará un monitor e un grupo.

Esta actividade busca fomentar a actividade física á vez que se descubre a interesante variedade patrimonial da provincia de Pontevedra.

Poden participar persoas, familias ou grupos de amigos e amigas que se consideren aptos para levar a cabo a camiñada. As inscricións están dispoñibles na ligazón www.depo.gal/depo-andainas.

Abre este luns o prazo de inscricións para as novas rutas de verán...
Comentarios
ç