jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Abre o prazo de matrícula para os obradoiros do Pazo da Cultura

Festival de fin de curso de RockLab. RAFA FARIÑA
Festival de fin de curso de RockLab. RAFA FARIÑA
A matrícula realizarase exclusivamente online entre as 00.01 deste luns e as 23.59 do martes

O prazo para matricularse nos obradoiros do Pazo da Cultura RockLab, A procura do Tesouro, que dirixe Migallas Teatro, e A hora do conto, que leva a cabo Pavís Pavós, abre na medianoite do domingo ao luns.  Do mesmo xeito que se fixo o ano pasado, a solicitude de inscrición realizase online. Segundo explica a organización,  se o número de solicitudes é superior ás prazas convocadas realizarase un sorteo.

A matrícula realizarase exclusivamente por email desde as 00:01 do día 14 de outubro ata as 23:59 do día 15 de outubro. 

Tal e como indican desde o Pazo da Cultura, o procedemento para solicitar praza é o seguinte:

1.Consultar no folleto informativo que podes descargar premendo aquí a actividade e horario no que estás interesado/a

2. Descarga o formulario de inscrición correspondete a actividade/s seleccionada/s. Gardao para poder editalo.

3. Cubre tantos formularios como actividades nas que esteas interesado/a. Un formulario por actividade e participante. Asegúrate de que estea cuberto antes de gardalo de novo.


4. Envía os formularios de inscrición cubertos, en correos separados (un por cada alumno/a e actividade) ao enderezo [email protected] desde as 00:01 h do día 14 de otubro ata as 23:59 h do día 15 de outubro. Terás as mesmas oportunidades de obter as túas prazas independentemente da hora na que envíes os teus emails, sempre que os envíes dentro do prazo establecido.


5. O día 16 de outubro publicaranse as listaxes provisionais de admitidos/as. Naqueles cursos nos que haxa máis demanda que prazas, farase un sorteo público que terá lugar o xoves 17 de outubro. Neste sorteo terán prioridade os/as alumnos/as que estivesen matriculados en anos anteriores en cada curso.


6. Se quedasen prazas libres nalgunha actividade, poderás inscribirte a partir do día 18 de outubro xestionando a túa matrícula directamente cos monitores de cada un dos cursos e ata que se cubran todas as prazas.

Os nenos deberán ter cumpridos os anos mínimos de admisión entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019. Existe ademais un teléfono de información: 986 833 061

Abre o prazo de matrícula para os obradoiros do Pazo da Cultura
Comentarios
ç