O bus urbano de Pontevedra contará con novas liñas e bonificacións no segundo trimestre

Os descontos serán compatibles cos incluidos no Plan de Transporte Público de Galicia e na futura Área de Transporte de Galicia
Un usuario subiéndose a un autobús en la Praza de Galicia. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Un usuario subindo a un autobús na Praza de Galicia. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O Concello de Pontevedra e a Xunta de Galicia acaban de acordar a posta en marcha de melloras nos servizos e bonificacións no transporte público na cidade e que entrarán en vigor a partir do segundo trimestre deste ano.

Deste xeito, crearase un servizo de transporte de interese municipal, grazas ao que se incrementarán as expedicións e a lonxitude dos percorridos. A este respecto, impulsaranse novas liñas como a Monteporreiro-Xunqueira-Estación de autobuses/ferrocarril e a Monteporreiro-Montecelo-Praza de Galicia, que sustituirán ás actuais Estación de autobuses-Residencia Montecelo, estación de autobuses-estación de autobuses, Xofre de Tenorio-Monteporreiro-Xofre de Tenorio; e Monteporreiro-A Xunqueira-Xofre de Tenorio e unirán todos os centros de atracción peonil da cidade. 

Doutra banda, darase pulo a un novo sistema de bonificacións tarifarias nos servizos internos, compatible co conxunto das viaxes no Plan de Transporte Público de Galicia e coa futura Área de Transporte de Galicia, polo que todos os descontos se sumarían. Por este motivo, as viaxes realizadas dentro do termo municipal de Pontevedra estarán subvencionadas cun mínimo de 0,50 euros, de igual modo que os transbordos serán gratuitos para os usuarios. 

Viaxes gratis coa tarxeta Xente Nova 
A maiores, os menores de 21 anos poderán continuar viaxando sen custo grazas á tarxeta Xente Nova. O pasado ano, 5.241 mozos se beneficiaron desta medida, o que supuxo un importe de preto de 225.000 eurros en bonificacións por parte da Xunta. 

O dispositivo, que se estenderá a toda Galicia nos vindeiros meses, simplifica o acceso dos menores a servizos tan básicos como a educación, con especial incidencia na non obrigatoria. 

Comentarios