Aempe reforza a súa campaña navideña tras a "polémica lumínica"

A asociación de empresarios aposta de novo este ano polas 'tarxetas de agasallos'. Pola compra de artigos nos establecementos locais asociados a esta campaña hai posibilidade de gañar ata 500 euros ▶Con esta proposta o que se quere é incentivar o comercio a pesar da falta de alumbrado navideño e mais da crisis económica.

De dereita a esquerda, Diana Pastoriza, xerente da aempe e Conchi Pereiro, vicepresidenta da asociación na rolda de prensa onde presentaban a campaña de Nadal. N.P
photo_camera De dereita a esquerda, Diana Pastoriza, xerente da aempe e Conchi Pereiro, vicepresidenta da asociación na rolda de prensa onde presentaban a campaña de Nadal. N.P

A asociación de empresarios da pequena e mediana empresa (aempe) de Pontevedra acaba de anunciar a permanencia da súa tradicional campaña de Nadal. Dito evento ten por obxectivo incentivar o comercio local polas festas nunha época marcada pola crise económica actual e máis a
tardanza do alumbrado nas rúas..

A xerente da asociación, Diana Pastoriza e máis a vicepresidenta, Conchi Pereiro encargáronse de detallar bases de participación das ‘tarxetas agasallo’ deste. "Esta é unha campaña que se mantén ao longo do tempo. Só renovamos algo a imaxe", indica Pereiro.

A cantía total dos premios son de 6000 euros divididos en 3 grupos de galardóns de 150,100 e 50 euros. Despois hai outras recompensas de maior retribución onde o primeiro é de 500, o segundo de 300 e o terceiro de 200 euros. O seu funcionamente é "igual que sempre", explica a vicepresidenta da asociación. A xente poderá acceder a estes tíckets nos comercios que teñan o distintivo da aempe nas portas e todo o mundo poderá participar sen importar a súa procedencia.

Con cada compra se lle dará un tícket cun código alfa numérico que se pon na páxina da asociación (www.aempe.com). A xente interesada en participar rexistrase e, ao día seguinte, pode saber se son beneficiarios do premio. "Importante é que non se tiren os vales -cos tíckets de compra- ata finalizar a campaña", expresa Conchi Pereiro. A campaña comeza o 9 de decembro e remata o día 20 de xaneiro e todos os códigos rexistrados serán partícipes do gran sorteo final cos 3 grandeis premios finais que se realizará o 23 de xaneiro de 2023. 

Luces de Nadal

Debido á decisión do Concello de ser a única cidade principal de Galicia de non proceder ao alumbrado navideño ata o día 16 de decembro, dende a aempe, confesan que faran "todo o posible por decorar os locais" e que haxa un maior ánimo e incentivo por comprar agasallos para "os seres queridos", expresa a vicepresidenta. Tamén indicou que as decoracións destas Festas sempre "foron un punto relevante de atracción e de comercialización que agora coa crise económica e máis esta polémica lumínica, esperemos non salir moi perxudicados", expresa Pereiro.

Comentarios