sábado. 31.07.2021 |
El tiempo
sábado. 31.07.2021
El tiempo

Agora si: xa é Nadal en Pontevedra!

Imaxes da inauguración do poboado de Nadal da Ferrería. GONZALO GARCÍA
Imaxes da inauguración do poboado de Nadal da Ferrería. GONZALO GARCÍA
As 15 casetas con produtos propios da época e o photocall abriron este xoves na Praza da Ferrería

A praza da Ferrería vestiuse de Nadal. O poboado composto por 15 postos de comercio con produtos propios da época inaugurouse este xoves polaPontenadal. Ferreria tarde. Xabóns, elementos de decoración, turróns e outros doces propios destas festas véndense no recinto baixo estritas medidas de seguridade. Porque se por algo se recordarán estas datas en 2020 é polos controis, os xeles hidroalcohólicos, as máscaras e, sobre todo, as distancias.

Por iso, para manter a proximidade a través das redes e das fotografías, o Concello deseñou diferentes espazos de photocall, onde retratarse para compartir a imaxe cos seres queridos cos que, en moitos casos, non será posible compartir mesa nestas datas.

Durante a xornada unha charanga iluminará as rúas

A programación continúa ao longo deste venres coa apertura da tirolesa da rúa Raíña Vitoria, á que se poderá acceder presentando o tique de compra nalgún establecemento do comercio local, sen importar a cantidade da compra. Estará aberta en horario de mañá e de tarde: de 12.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas. Trátase dunha estrutura de 150 metros de lonxitude que permanecerá instalada durante todas as festas.

Ademais, na xornada desta tarde varias charangas amenizarán o centro da cidade tanto pola mañá como pola tarde. O programa deste Nadal deseñado polo Concello non determina os lugares onde se celebrarán determinados eventos, a fin de evitar aglomeracións. Deste xeito, durante a fin de semana, Trola Animación ofrecerá o espectáculo O Séquito do carteiro Real, tamén polas rúas do centro histórico.

Pontenadal. FerreriaSegundo explicou a propia concelleira de Festas, Carme da Silva, a finalidade do programa deseñado é o de "levantar o ánimo" dos veciños e veciñas da cidade nun ano especialmente difícil. Para conseguilo ilumináronse máis rúas que nunca, 81 en concreto, instaláronse elementos luminosos decorativos en numerosos puntos da cidade e mesmo se celebra a fin de 2020 cun expresivo "Vaite 2020!" proxectado no Pazo da Cultura e un photocall cun "Mala chispa te coma 2020". Só queda, entón, desexar que 2021 estea cheo de boas novas. Nunca tiveramos tantas ganas de encetar o almanaque.

Agora si: xa é Nadal en Pontevedra!
Comentarios
ç