O agradecemento da cidadanía ó esforzo e entrega do personal do CHUP

O galardón da cidade recoñece o labor do colectivo de profesionais sociosanitarios que loitan contra o coronaviruos desde a primeira liña no ano da pandemia
RAFA HOMENAJE APLAUSOS A LOS SANITARIOS EN EL HOSPITAL PROVINCIAL ALERTA SANITARIA CORONAVIRUS
photo_camera Homenaxe con aplausos aos sanitarios no Hospital Provincial durante a Pandemia. DAVID FREIRE

Do persoal médico que atende ós enfermos de covid-19 ata ó de limpeza que se encarga de desinfectar cada unha das áreas hospitalarias, dos profesionais de enfermería que curan e acompañan ós pacientes ós auxiliares e investigadores... O equipo Covid de Pontevedra recibiu este martes a noticia de que o persoal sociosanitario do CHUP é o gañador do galardón da cidade.

No Premio Cidade de Pontevedra ó persoal sanitario van incluídos os aplausos das oito da tarde e o agradecemento dunha cidade enteira ós heroes que desde o pasado mes de marzo combaten a pandemia en primeira liña. Á espera de que o propio equipo dea a coñecer o nome das persoas que acudirán a recoller o galardón, o premio vai para unha gran lista de profesionais que desde marzo enchen tamén estas páxinas co seu labor, as súas opinións, reflexións e recomendacións.

É o caso de médicos como Adolfo Baloira, xefe de Neumoloxía e primeiro coordinador da área sanitaria da asistencia a pacientes covid, quen desde o principio fixo chamamentos á responsabilidade da cidadanía e falou de esperanza; ou do xefe do Servizo de Alertas Epidemiolóxicas, Miguel Álvarez Deza, quen considera que "más que nunca es necesario tejer lazos de solidaridade y de ayuda". Inclúe este recoñecemento a todo o equipo encabezado pola directora de Procesos Asistenciais, Sonia Fernández Arruty, quen en decembro dicía nestas páxinas que o coronavirus serviu para demostrar que "cuando se nos pone por delante un reto de estas características sabemos mirar de frente". Entre outros moitos nomes, teñen un anaco do galardón o coordinador de ingresos covid, Juan Turnes, que antes do Nadal advertía: "Lo único seguro es reunirse con los convivientes"; e o xefe de Medicina Interna, Juan Carlos Rodríguez, que hai pouco aínda advertiu que "seguimos sin estar preparados para una atención adecuada a una pandemia"; ou a Tato Vázquez, integrante do Comité clínico, que ó principio da pandemia elevaba á voz para reclamar material de prevención para que os sanitarios puideran levar a cabo o seu traballo sen riscos. E a xefa de Anestesiología do CHUP, Marina Varela, quen destacou a implicación colectiva para "intentar entre todos que esto se acabe lo antes posible".

Vai o recoñecemento para os equipos do autocovid, un deles supervisado por Mercedes Castro, quen nos primeiros días aseguraba que "afrontamos la situación con responsabilidad y confianza". Non deixa fóra ós equipos de enfermeiría como o de Inés Lobeira, da unidade Covid de Montecelo, que contou nestas páxinas algúns momentos especialmente duros que os seus compañeiros están a vivir. "Lo peor es cuando avisas a una hija para que pase los últimos minutos con su padre al que contagió". Nin deixa fóra á celadora Chiña Caramés ou ós compañeiros da técnica en cuidados auxiliares en Enfermería Tatiana Barcala, que relatou para Diario de Pontevedra como transcorreu o seu illamento "encerrada en la buhardilla de casa para no contagiar". E vai para Patricia Montes, traballadora do Servizo de Limpeza do CHUP, e os seus compañeiros, quen ó principio da crise declaraba que "sentimos moita responsabilidade por facer o noso traballo ben".

O Cidade de Pontevedra abrangue a todos os profesionais de Familia que están na vangarda da loita contra a covid desde as consultas dos centros de saúde de cada barrio e cada municipio da área sanitaria. E non esquece os servizos de Medicina Preventiva, UCI, Urxencias, Oncoloxía, Paliativos, Análises Clínicas, Cirurxía, Radiodiagnóstico, Farmacia... e en xeral a toda a rede de profesionais que coida da saúde da cidadanía nesta gran crise sanitaria.

Comentarios