domingo. 15.09.2019 |
El tiempo
domingo. 15.09.2019
El tiempo

Akira Valero falará do papel da muller no cabaré galego na apertura de Ponte Coqueta

Akira Valero. CEDIDA
Akira Valero. CEDIDA
A exposición prevista na Casa da Luz tivo que ser anulada por motivos alleos á organización

A programación de Ponte Coqueta comeza o luns 26 de agosto cunha serie de cambios de última hora. A exposición prevista na Casa da Luz tivo que ser anulada por motivos alleos á organización.

Así, a semana de actividades arredor desta festa dos anos 20, organizada polo Concello dentro da súa programación de verán, comezará coa conferencia 'Muller e o cabaré na Galicia' impartida por Akira Valero (no canto de Iria Pinheiro, que tivo que anular a súa participación por motivos familiares). Catalá afincada en Galicia, Valero é actriz, pallasa e improvisadora. 

A programación continuará o mércores no Casino Mercantil cos primeiros obradoiros de baile. As actividades centrais de Ponte Coqueta, unha iniciativa coordinada polo músico Marcelo Dobode, terán lugar o venres e o sábado na Praza de Curros Enríquez. A organización lembra que calquera novidade na programación é comunicada de xeito inmediato na páxina da festa na rede social Facebook

Akira Valero falará do papel da muller no cabaré galego na apertura...
Comentarios