viernes. 23.04.2021 |
El tiempo
viernes. 23.04.2021
El tiempo

O alcalde de Ferrol esixe unha rectificación polo "desprezo" de Rafa Domínguez

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, en rolda de prensa. KIKO DELGADO (EFE)
O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, en rolda de prensa. KIKO DELGADO (EFE)

Mato invita a Feijóo e a Tellado a reprobar as manifestacións nas que o líder do PP de Pontevedra comparaba a situación da Boa Vila coa cidade departamental no caso de perder a Ence

 

O alcalde ferrolán, Ángel Mato, criticou este xoves o que considera un "ataque gratuíto a Ferrol" por parte do voceiro do grupo municipal do PP no Concello de Pontevedra, Rafa Domínguez.

Ver máis 🗣 Rafa Domínguez: "Pontevedra va en camino de convertirse en el nuevo Ferrol"

Dentro da polémica pola posible marcha de Ence da ría pontevedresa, durante unha rolda de prensa Domínguez "valeuse do desprezo á nosa cidade coma unha arma para un debate que nada ten que ver con Ferrol", dixo o rexedor.

Mato esixe "unha inmediata rectificación por parte de Rafael Domínguez", así como "unha reprobación por parte do PPdeG". Nesta liña, invitou a Alberto Núñez Feijoo, como máximo responsable do partido "e tamén como presidente da Xunta", a censurar un comentario "ofensivo e totalmente fóra de lugar".

Do mesmo modo, demandou que o secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, se pronuncie, "máis aínda tendo en conta a súa condición de ferrolán". "Estou convencido de que o portavoz popular no Concello de Ferrol non comparte de ningunha maneira o menosprezo que fixo o seu compañeiro e de que así o trasladará tamén", afirmou Mato.

Por outra banda, o rexedor criticou que, "en canto ao problema que padecen as nosas comarcas, non se pode vir a Ferrol de fin de semana a botar balóns fóra, coma se a Xunta de Galicia non tivera ningunha competencia en materia industrial e coma se o Partido Popular nunca gobernara en Ferrol, Santiago e Madrid con tres maiorías absolutas, cun resultado á vista de todos". "E isto non foi precisamente no século pasado", lembrou.

"Demando para Ferrol o respecto que merece, en todos os sentidos e ante quen sexa, e animo á Xunta a que asuma as súas competencias en industria, a que non esqueza que as ten, para contribuír, na medida que lle corresponde, a dar solucións aos nosos problemas, e tamén a realizar os investimentos pendentes na nosa cidade e na nosa comarca para reverter a situación que vivimos", concluíu Ángel Mato.

O alcalde de Ferrol esixe unha rectificación polo "desprezo" de...
Comentarios
ç