Alertan dunha ''desfeita na seguridade'' nos edificios xudiciais de Pontevedra

Esta problemática é especialmente preocupante na Parda onde non hai servizo de garda de arco nin scaner 
Fachada juzgados da Parda. DAVID FREIRE
photo_camera Fachada juzgados da Parda. DAVID FREIRE

O sindicato CIG vén de denunciar ante a Xefatura Territorial de Xustiza a falta de seguridade nos edificios xudiciais da provincia, tanto de Vigo, como da capital. Nomeadamente, fai fincapé na sede da Parda, ''no que a seguridade no Xulgado de Garda brilla pola súa ausenza, xa que os investigados entran como perico pola súa casa, o carecer este servizo de garda de arco nin scaner'', apunta Josefa Iglesias de la Cámpa, delegada da central nacionalista.

Engade que só pasan polo arco e o sScaner as persoas que acceden pola porta principal. ''Isto entraña un perigo para os funcionarios que realizan o seu traballo neste servizo'', engade.

Doutra banda, di que nos xulgados de Vigo, o scaner do edificio antigo non funciona correctamente e está á espera de que lle cambien unha peza ''desde novembro de 2019''.

Segundo a Xefatura Territorial, na súa contestación ás queixas do sindicato, ''o van a cambiar en breve, iso si, polo que sabemos esa peza non será digamos a orixinal, xa que a empresa subministradora non se atopa en España (é decir un apaño)''.

En relación ao scaner do edificio novo dos Xulgados de Vigo, CIG tamén denuncia que se requenta, co cal ten que ser desconectado cada certo tempo. ''Tanto neste caso coma no do edificio da Parda, en Pontevedra, as imaxes non se ven nítidas'', sinala Josefa Iglesias.

''A Xunta de Galicia tén que garantir a seguridade nos edificios sedes da Administración de Xustiza, en virtude do establecido no Real Decreto 2166/1994 do 4 de novembro sobre o traspaso de funcións da administración do Estado á Comunidade Autónoma en materia de provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de Xustiza, que foron asumidos pola Xunta en 1994'', lembra a voceira sindical.

Comentarios