Algunhas das propostas presentes na praza de España

Andrea Area, un estudo para personalizar momentos especiais. RAFA FARIÑA
photo_camera Andrea Area, un estudo para personalizar momentos especiais. RAFA FARIÑA

Estas son algunhas das propostas que se poden atopar na quinta edición do Pont-Up Store:

Andrea Area, un estudo para personalizar momentos especiais e crear a comunicación visual de empresas
Andrea Area presenta un estudo creativo radicado en Portonovo que ten tres piares: vídeo, deseño gráfico e fotografía. "Dou apoio de vídeo a pequenas produtoras, fago vodas" e pezas "para quen queira darlle valor á súa comunicación visual". A papelería é totalmente personalizada e en conxunto, "sempre feita a man, con acuarelas ou grafos". Tamén fai todo o traballo de identidade corporativa para empresas e talleres de foto e vídeo para nenos e cursos.

 

MakerSpace

Taller 7 MakerSpace, un lugar onde crear ou mercar as máquinas Arcade de Star Wars ou Super Mario
Santiago Román é un dos socios de Taller 7 MakerSpace (Nigrán), "un sitio donde realizar tus proyectos, como las máquinas Arcade, o algo con impresión 3D, Arduino, en madera... Ofrezco un lugar y unas herramientas, además de apoyo". Tamén imparten obradoiros. As máquinas Arcade, como a da imaxe, tamén as venden, totalmente customizadas, con prezos que varían entre os 300 euros dun stick arcade ata os máis de mil dunha das "clásicas de toda la vida".

 

Gomo Bonsai

Gomo Bonsai, profesionais de Bueu formados en Xapón nas técnicas de cultivo destas pequenas árbores
Santiago Románi é unha empresa de Bueu dedicada integramente a este tipo de plantas, explica Manuel Germade. "Temos tres sectores: o estudo, no que asesoramos a particulares; a escola, na que facemos cursos e demostracións, tanto no local que temos aquí como onde demandan os nosos servizos, mesmo en Europa; e tenda online, onde vendemos os bonsáis e produtos relacionados co seu cultivo". Afirma que é un mundo con grande interese.
 

 

Bluscus Turismo Mariñeiro permite navegar en embarcacións tradicionais

Bluscus Turismo Mariñeiro permite navegar en embarcacións tradicionais ou ver o marisqueo en vivo
Pablo Mariño é o xerente de Bluscus Turismo Mariñeiro, un negocio creado en Ribeira (A Coruña) no que propoñen experiencias relacionas co mar "para enseñar la cultura marinera gallega, desde ver como trabajan las mariscadoras, visitar el marisqueo a flote, las lonjas... También ofrecemos navegación en embarcaciones tradicionales para ver las Cíes o las Ons". El negocio está enfocado tanto al turismo, nacional e internacional, como al mundo educativo.
 

 

Lumeira, estudo de artes gráficas pontevedrés que une ilustración e técnica de impresión

Lumeira, estudo de artes gráficas pontevedrés que une ilustración e técnica de impresión 
Lumeira é un estudo de artes gráficas situado en Mourente. "Nos dedicamos a crear contenido y productos. Podemos imprimir en diferentes materiales y texturas", explica Manuel Reinoso, un dos dous socios da empresa. "Hacemos el diseño y la fabricación", tamén por encargo. En Pont-Up Store presenta unha liña de cartelería, cuncas ou imáns protagonizados por grandes figuras da música, pero tamén aposta por crear souvenirs de cidades. Teñen tenda virtual.
 

Comentarios