O alumnado pontevedrés exhibe o seu talento investigador en Pontenciencia

Este sábado terá lugar o acto de entrega de premios e diplomas, así como un pincho de confraternización
Presentación dos traballos de investigación realizados no marco da IX Feira da Miniciencia Pontenciencia. RAFA FARIÑA
photo_camera Presentación dos traballos de investigación realizados no marco da IX Feira da Miniciencia Pontenciencia. RAFA FARIÑA

O tenente de alcalde e concelleiro de Educación, Tino Fernández, achegouse este venres pola mañá ata a Escola de Enxeñería Forestal do Campus de Pontevedra para asistir, acompañado do secretario do centro universitario, José Manuel Casas, á primeira xornada de presentación dos traballos de investigación realizados no marco da IX Feira da Miniciencia Pontenciencia.

Desde as 10.00 horas e ata as 14.30 horas, o alumnado de Primaria (5º e 6º curso) dos dez colexios que participan na modalidade de Ciencia no Cole está a exhibir e defender ante o xurado un total de 18 proxectos experimentais e documentais, mentres que na quenda de tarde, de 16.30 a 19.30 horas, terán protagonismo as 13 investigacións dos nove centros de Secundaria que toman parte na categoría de Xoves Investigadores.

Presentación dos traballos de investigación realizados no marco da IX Feira da Miniciencia Pontenciencia. DP
Presentación dos traballos de investigación realizados no marco da IX Feira da Miniciencia Pontenciencia. DP

A feira, impulsada pola Concellería de Educación e a Deputación Provincial e financiada a través da 'Convocatoria de axudas para o programa de cultura científica e da innovación' da Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía (Fecyt) do Ministerio e Ciencia e Innovación, pecharase este sábado pola mañá, nunha xornada na que as 12 familias participantes na modalidade de Ciencia en Familia (alumnos de Primaria de 7 a 12 anos-familiares) presentarán outras 5 investigacións e terá lugar o acto de entrega de premios e diplomas, así como un pincho de confraternización.

Presentación dos traballos de investigación realizados no marco da IX Feira da Miniciencia Pontenciencia. RAFA FARIÑA
Presentación dos traballos de investigación realizados no marco da IX Feira da Miniciencia Pontenciencia. RAFA FARIÑA

Os colexios de Primaria que toman parte na categoría de Ciencia no Cole son: CEIP Santo André de Xeve, San Martiño, Froebel, Marcón, Ponte Sampaio, San Benito de Lérez e A Xunqueira II e os CPR Calasancio, Sagrado Corazón de Jesús de Pontevedra e Sagrado Corazón de Praceres.

Presentación dos traballos de investigación realizados no marco da IX Feira da Miniciencia Pontenciencia. DP
Presentación dos traballos de investigación realizados no marco da IX Feira da Miniciencia Pontenciencia. DP

Pola súa banda, os centros de Secundaria participantes na modalidade de Xoves Investigadores e que, polo tanto, concorren aos Premios de Investigación 2022 Homenaxe á muller investigadora (cinco galardóns patrocinados por Hifas da Terra, Viaqua, Setga, Marine Instruments e Cristalería Pontevedresa) son: IES Luís Seoane, Frei Martín Sarmiento, A Xunqueira II, Montecelo, Torrente Ballester e Valle Inclán, o CPR Sagrado Corazón de Praceres, o CIFP Carlos Oroza e o CFEA de Lourizán.

Comentarios