O alumnado de Los Sauces bótalle unha carreira á leucemia infantil

O centro escolar apoia á Fundación Unoentrecienmill, que adicará os fondos á creación de bolsas de investigación médica

Alumnos participantes na carreira solidaria. JAVIER CERVERA
photo_camera Alumnos participantes na carreira solidaria. JAVIER CERVERA

Como auténticos atletas solidarios. Así se portaron este xoves os alumnos do colexio Los Sauces, que celebraron unha carreira destinada a recaudar fondos para loitar contra a leucemia infantil. Deste xeito, o centro escolar apoia á Fundación Unoentrecienmil, que adicará os fondos á creación de bolsas de investigación médica para combater esa enfermidade.

Todos os participantes colaboraron co proxecto mercando cada dorsal polo prezo de dous euros. Así, acompañados polos seus mestres, desprazáronse ata a cidade para iniciar o percorrido, que partiu da Praza de España e continuou por Michelena, a Praza de Curros Enríquez, a rúa Real, Sarmiento, a Praza da Leña e o Paseo Antonio Odriozola para rematar voltando ata o punto de comezo.

O colexio Los Sauces desenvolve un proxecto educativo amplo no que a educación en valores trasládase ao día a día con iniciativas coma esta. Deste xeito, o alumnado implícase en causas solidarias durante a súa etapa escolar, o que estimula aos cativos e cativas a reforzar valores como a cooperación, a solidariedade, a empatía e a colaboación cos demais.

Coa carreira celebrada este xoves, Los Sauces e a Fundación Unoentrecienmil volven unir esforzos co fin de crear o maior proxecto de investigación para a loita contra as enfermidades infantís. Esta entidade é a única ONG en España comprometida a adicar todos os beneficios das súas activiades en exclusividade a este obxectivo.

A leucemia é o cancro infantil máis común, con 300 casos en España cada ano, pero non conta con investimentos para investigación ao ser un cancro de baixo espectro.