Un alumno do CEIP de Marcón gaña un concurso de debuxo sobre augas subterráneas a nivel estatal

O gañador foi Manuel Martínez Pesqueira
Manuel co seu premio ante a proxección do seu debuxo. DP
photo_camera Manuel co seu premio ante a proxección do seu debuxo. DP

Manuel Martínez Pesqueira, alumno de 1º de Primaria do CEIP de Marcón, resultou gañador do concurso do Día Mundial da Auga, convocado polo Grupo Español da Asociación Internacional de Hidrogeólogos, na súa modalidade de debuxo, segundo informou este luns o centro.

O CEIP de Marcón participou este curso xunto con centos de colexios e institutos de toda España no concurso "Aguas subterráneas, hacer visible lo invisible" da Asociación Internacional de Hidrogeólogos - Grupo Español (AIH - GE) e Manuel gañou na súa modalidade. Na outra categoría, de Secundaria, onde tiñan que elaborar un vídeo, o vencedor foi Rodrigo Díez, do IES Andrés Laguna (Segovia). O rapaz de Marcón representou o que era para el a a auga subterránea e para iso debuxou o ciclo da auga acompañado dos elementos naturais existentes no seu contorno máis próximo. Para orientarnos na importancia da auga subterránea e nas súas características e asesorarnos, recibiron información da man de Xeotérmica Galega, con Huw Francis Williams e Sally Jane Williams.