Alumnos do Campus de Pontevedra realizan o spot do festival Surfing the Lérez

Producciones Mutantes encargouse de titorar o traballo, que servirá para promocionar o evento pontevedrés

Cinco alumnos do Campus de Pontevedra foron os encargados de realizar este ano o spot do festival Surfing the Lérez. Trátase de estudantes de Ciencias Sociais e da Comunicación, de Belas Artes e do Mestrado de Deseño e Moda, que foron titorados por profesionais da empresa audiovisual pontevedresa Producciones Mutantes. 

O traballo, inspirado no cartel deseñado por Santiago Paredes para a oitava edición do festival, foi estreado no local El Pequeño o venres 1 de xuño e agora pódese ver en YouTube. 

O Surfing the Lérez, que recibiu o premio ao mellor festival de Galicia nos Martín Códax de 2017, celebrarase este ano o 16 de xuño na Illa das Esculturas de Pontevedra. De carácter solidario, a entrada é de balde. O evento colabora con Redeaxuda recollendo alimentos e produtos de hixiene, e con Amigos de Galicia recollendo tapóns. 

Os concertos comezan ás 12.00 e rematan ás 01.00 horas. Entre outros, tocarán Furious Monkey House, Terbutalina, Eladio y los Seres Queridos e Ángel Stanich.

Comentarios