viernes. 23.04.2021 |
El tiempo
viernes. 23.04.2021
El tiempo

Os alumnos do Colexio San José visibilizan a linguaxe de signos na Praza do Teucro

Alumnos do colexio San José na Praza do Teucro.DP
Alumnos do colexio San José na Praza do Teucro.DP
Os nenos interpretaron cancións coas súas mans nunha serie de actuacións no centro de Pontevedra

Os alumnos do colexio San José de Pontevedra protagonizaron na mañá deste venres na Praza do Teucro unha actuación na que interpretaron con lingua de signos a canción dos días da semana e o tema musical do artista Nelson Quinteiro Nun bou, no marco do programa municipal inclusivo Manciñas 20Vente-20Vente. O acto, no parte dos rapaces cantaron coas súas mans e os demais fixeron as veces de público ataviados con luvas de cores (con mensaxes reivindicativas), contou coa asistencia do concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, impulsor do proxecto, así como do tenente de alcalde e concelleiro de Educación, Tino Fernández; a edil de Igualdade, Yoya Blanco e a presidenta da Organización de Persoas con Diversidade Sensorial (Xoga), María Jesús Monterde, así como do propio Nelson Quinteiro, que acompañou á rapazada cantando e bailando. 

Esta actuación contou cunha enorme implicación por parte de alumnado de diversos cursos do centro escolar. Así, na primeira actuación, que incluíu unha muiñeira, o alumnado de 4º de Primaria interpretou a canción dos días da semana e o tema Nun bou ante os seus compañeiros de 5º e 6º curso. Posteriormente tocoulles a quenda aos de 3º Primaria, que tiveron como espectadores aos de 1º e 2º curso.

ACTUACIÓN DE 3º DE PRIMARIA

ACUTACIÓN DE 4º DE PRIMARIA

Os alumnos do Colexio San José visibilizan a linguaxe de signos na...
Comentarios
ç