Os alumnos do IES Luis Seoane adícanlle un poema floral a Rosalía de Castro

A actividade levouse a cabo co fin de conmemorar a chegada da primavera e o día mundial da poesía 
Imaxe do resultado da creación. CEDIDA
photo_camera Imaxe do resultado da creación. CEDIDA

O alumnado de primeiro da ESO do IES Luís Seoane elaborou un poema con letras florais no chan do patio do centro escolar que foi adicado a Rosalía de Castro para conmemorar o día mundial da poesía e a chagada da primavera

Para poder levalo a cabo os alumnos recolleron flores e follas relacionando o material das letras cos títulos das obras da escritora. Neste proxecto colaboraron os departamentos de Bioloxía, de Lingua Galega e de Lingua Castelá. 

O fin desta actividade lúdico-educativa é que os alumnos traballen e se relacionen a un tempo coa natureza e coa paisaxe á vez que se traballa o xénero poético e se coñece a importancia dunha figura como a de Rosalía. 

Comentarios