Amigas e Amigos do Camiño Portugués premian ao Concello

A asociación celebra o 25 aniversario no Teatro Principal o 19 de abril e entregará a insignia de ouro á cidade de Pontevedra no acto

A concelleira de Promoción Cidadá, Anabel Gulías, e o presidente da asociación, Tino Lores. GONZALO GARCÍA
photo_camera A concelleira de Promoción Cidadá, Anabel Gulías, e o presidente da asociación, Tino Lores. GONZALO GARCÍA

A Asociación de Amigas e Amigos do Camiño Portugués de Santiago celebra o seu 25 aniversario cunha gala que se celebrará no Teatro Principal o vindeiro 19 de abril e na que se lle fará entrega da insignia de ouro ao Concello de Pontevedra en agradecemento ao seu apoio e, en extensión, ao apoio da cidadanía.

Os actos do aniversario inclúen tamén unha peregrinación que remedará á realizada en 1993 e que terá lugar, por etapas, os vindeiros seis sábados, entre Tui e Compostela, ademáis da última etapa, que será o 17 de maio. Sairán autobuses ás 15.30 horas para ir ata o principio da etapa e será preciso apuntarse previamente no albergue de peregrinos.

A programación foi presentada este mércores pola mañá no Concello polo presidente da asociación, Tino Lores, e a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías. Ambos fixeron fincapé na importancia que ten o Camiño para Pontevedra, tanto culturalmente como, sobre todo, economicamente, un feito que se reflicte nomeadamente na ocupación hoteleira e no impacto na hostelería local.

Lores subliñou a melloría experimentada polo Camiño nestes 25 anos, aínda que "queda moito que facer", sobre todo en materia de seguridade vial.

Comentarios