Ampliado o horario de apertura dos cemiterios de Pontevedra ata o luns polo Día de Defuntos

Preparouse un dispositivo de tráfico e de control de acceso a San Amaro
Cementerio de Campañó. ARCHIVO
photo_camera Cementerio de Campañó. ARCHIVO

Os cinco cemiterios municipais de Pontevedra —San Amaro, Pontesampaio, Lourizán, Campañó e Bora— permanecerán abertos en horario continuo entre as nove da mañá a sete da tarde, ata o luns 4 de novembro. A ampliación do tempo de apertura é unha das medidas adoptadas no marco do operativo especial do Día de Defuntos, ante o que tamén se realizaron tarefas de limpeza e se preparou un dispositivo especial de tráfico.

Así, o Concello explica que, co obxectivo de poñer a punto os recintos, cortáronse setos e o céspede, podouse e arranxáronse as zonas axardinadas, además de limparse solos e muros. Sumáronse a estas actuacións as limpezas xerais en todos os ámbitos dos cemiterios de Pontevedra que está a realizar Ferrovial.

Ademais, colocáronse 1.500 plantas ornamentais e instaláronse 100 cubos para recoller flores e materiais usados no adorno de panteóns e nichos. O Concello avanza que os usuarios tamén terán á súa disposición 200 escaleiras de madeira.

O aumento das visitas aos camposantos destas xornadas levou a habilitar un dispositivo de tráfico e de control de acceso ao cemiterio de San Amaro os días 31 e 1 de novembro. Será como o de anos anteriores e estará dirixido pola Policía Local, coa colaboración de Protección Civil.

Comentarios