Retrásase o remate das obras de Loureiro Crespo

A xunta de goberno local aproba unha prórroga de tres meses que sitúa o final dos traballos no 8 de xullo por mor das condicións meteorolóxicas

Gon 10.30  Travesía da Eiriña con Loureiro Crespo  Visita ás obras de reforma da rúa Loureiro Crespo, jueves, 3 sept · 10:30–10:30
photo_camera Obras en Loureiro Crespo e no barrio do Castañal. ARQUIVO

A xunta de goberno local de Pontevedra vén de aprobar unha prórroga de tres meses para o remate das obras de mellora urbana na rúa Loureiro Crespo e no barrio do Castañal, de xeito que a finalización destes traballos queda fixada para o 8 de xullo.

Segundo explicou a portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías, fíxase esta data despois de que se argumentase nun informe técnico que os traballos non puideron desenvolverse ao ritmo previsto fundamentalmente debido ás "condicións meteorolóxicas adversas".

A edil salientou que esta actuación é "unha das máis ambiciosas que está a cometer o goberno muncipal", cun orzamento que ascende a case 3 millóns de euros incluíndo as melloras. "É un investimento que vai mellorar a calidade de vida deste barrio e era unha obra moi demandada pola veciñanza", asegurou Gulías.

As obras comezaron o 27 de abril de 2020 e, ademais da climatoloxía adversa, houbo outros factores que ralentizaron o seu ritmo, como a aparición de tubaxes que non estaban recollidas nos planos iniciais. Ademais de renovar a pavimentación e as beirarrúas en varios puntos, os traballos inclúen a renovación de todos os servizos e a instalación de nova iluminación e mobiliario urbano, así como a 
plantación de árbores.

Comentarios