Se amplían las visitas guiadas a la exposición 'Meu Pontevedra'

A retrospectiva sobre Castelao na cidade do Lérez xa superou os 4.300 visitantes desde a súa inauguración o pasado 28 de xuño
Inauguración da mostra
photo_camera Inauguración da mostra

O Museo de Pontevedra amplía a súa oferta de visitas guiadas á exposición Meu Pontevedra, coa que conmemora o centenario de Castelao na cidade do Lérez e que permanecerá aberta ao público ata o 11 de setembro. Unha exposición que até o de agora podía visitarse baixo a modalidade de visita guiada só dous días e que a partires deo mércores incorporará tres días máis. En horario de tarde poderá verse os mércores, venres e sábados ás 18.00 horas; e en horario de mañá, os martes e xoves ás 12:00 horas.

Esta ampliación responde a unha demanda do público para ter máis opcións para poder acceder a este modo de coñecer a obra de Castelao e o contexto histórico que determinou a súa traxectoria. Segundo o responsable de Cultura e Lingua, Xosé Leal, "viuse necesaria polo gran interese que vemos que esperta a figura de Castelao e a época que lle tocou vivir nunha Pontevedra que daquela era un centro cultural destacado no país".

O interese que esperta a mostra tamén se ve reflectido no número de visitas que leva recibido desde a súa apertura, o pasado 28 de xuño, ata o domingo 31 de xullo, que ascende a un total de 4.301 visitantes. A mostra, ademais de contar co aliciente de expor os orixinais do Álbum Nós despois de case 90 anos desaparecidos, fai un exhaustivo percorrido pola obra e a traxectoria política e intelectual de Alfonso Daniel R. Castelao entre os anos 1916 e 1936. Vinte anos de estadía na cidade de Pontevedra ilustrados a través de máis de 400 obras que conforman unha exposición emblemática sobre o legado do autor rianxeiro.

Comentarios