As análises confirman que a palometa tiña "valores disparados" de histamina

Os resultados revelados por Sanidade e a Fanpa son coincidentes á espera do informe completo de trazabilidade do pescado que intoxicou a 41 escolares en nove comedores de Pontevedra e Marín
Una niña en el comedor escolar del colegio de Campolongo. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Una niña en el comedor escolar del colegio de Campolongo. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A Consellería de Sanidade e a Federación Provincial de ANPA de Pontevedra (Fanpa) desvelaron este martes o resultado das análises practicadas ás mostras de palometa que, presuntamente, intoxicara de xeito leve a semana pasada a 41 alumnos en sete comedores escolares de Pontevedra e outros dous de Marín. "Os resultados deron valores altos de histamina", confirmou a Consellería, que agora, dentro do proceso de investigación aberto, deberá completar o estudo de trazabilidade para descubrir en que momento se contaminou o pescado.

Roxelio Carballo, presidente de la Fanpa. GONZALO GARCÍAO presidente da Fanpa, Rogelio Carballo, confirmou, despois de realizar tres analíticas, que "a substancia causante deste problema foi a histamina". Fontes relacionadas coa federación mesmo califican de "disparados" estes resultados, que motivaron unha reunión da xunta directiva para valorar as análisis e ver que pasos dar a continuación.

A toxina non só apareceu nas mostras dos pratos servidos, senón tamén "na propia materia prima, co cal entendemos que é unha cuestión que nos vén sobrevida, é dicir, que é un problema de suministro máis que de manufactura, que o material xa viña mal".

Segundo explicou, faltaría por saber "se se podería ter detectado" para, a partir de aí, "tomar medidas". "O informe da empresa –Arume, adxudicataria do servizo de comedores– dinos iso, pero estamos pendientes de recibir o informe completo da Xunta para saber se hai algunha cuestión que se pode mellorar ou era algo inevitable despois de 15 anos, algo que non podiamos prever".

O informe ao que se refire, o da trazabilidade, deberá confirmar toda a cadea dende que o peixe sae dos barcos ata que chega ao distribuidor para saber onde rompeu a cadea de frío, un dos motivos habituais que provoca a alta concentración de histaminas.

"O que nos falta saber é onde estivo o problema na cadea de suministro, desde o barco pesqueiro ata que nos chega a nós ás cociñas e se ten algunha relación cos outros casos de contaminación por histaminas para ver que medidas podemos tomar".

BOAS CONDICIÓNS. Neste contexto, os armadores galegos pediron este martes á conselleira de Mar, Rosa Quintana, celeridade e claridade na investigación das intoxicacións, tanto nos comedores como nas escolas infantís da Xunta nas que se produciron casos similares coa palometa como presumible causa, aínda que a priori foran desvinculados ao proceder o pescado de distintos proveedores.

Os armadores aseguran que todo o peixe que chega a porto é fresco e se atopa en perfectas condicións. María José de Pazo, armadora de Marín, falou na tarde do martes dende Mauritania deste "delicado" asunto que preocupa enormemente ao sector. "No nos toca a nosotros señalar al culpable, para eso están investigando", pero "estamos seguros de que traemos un pescado en buenas condiciones y con todos los requisitos legales de inspecciones sanitarias y de trazabilidad. El producto es bueno", recalca.

Un grupo de empresarios, agrupados no colectivo Orpal, pediulle a Quintana ademais de celeridade na investigación, que "dé traslado a la opinión pública de que el pescado, el producto en sí, no ha tenido la culpa". Garanten as súas boas condicións "porque para eso hacemos inversiones muy importantes y jamás escatimamos en la calidad del producto, eso es vital para todos los armadores que traemos pescado fresco". Por iso ofrecen toda a colaboración para "demostrar que nuestro pescado viene con toda la trazabilidad y registros sanitarios al día".

PEIXE PAU. Así mesmo, debido á incidencia ocorrida o pasado 28 de outubro, Arume e a Fanpa decidiron en conxunto retirar a palometa dos seus menús ata que a Consellería de Sanidade emita o seu informe.

Deste xeito, o vindeiro 13 de novembro será substuída por peixe pau, cociñado ao forno.

Comentarios