Anuncian cortes de tráfico en Teixoeira e San Antoniño por obras

As restriccións produciránse o mércores e o xoves desta semana
A rúa San Antoniño cortarase o xoves desde a súa intersección coa Praza de Barcelos. JAVIER CERVERA-MERCADILLO (ADP)
photo_camera A rúa San Antoniño cortarase o xoves desde a súa intersección coa Praza de Barcelos. JAVIER CERVERA-MERCADILLO (ADP)

A segunda fase das obras de rehabilitación da capa de rodadura en tramos de diversas rúas de Pontevedra obrigará a realizar algúns cortes de tráfico puntuais esta semana.

Desta maneira, o mércores está previsto que as restricións de tráfico afecten á contorna da glorieta da rúa 12 de Novembro coa rúa Teixoeira. Neste segundo vial non se poderá circular, mentres que na rúa 12 de Novembro habilitarase un só carril, que cambiará segundo o avance dos traballos. Unha parte dos traballos tamén implicarán o peche ao tráfico durante unhas horas da rúa Francisco Tomás y Valiente.

Cortes de tráfico na contorna da rúa 12 de Novembro. CONCELLOCortes de tráfico na contorna da rúa 12 de Novembro. CONCELLO (2)

Na xornada do mércores tamén se actuará na rúa Eduardo Pondal, sen que se peche a rúa ao tráfico.

Pola súa parte, na xornada do xoves os traballos realizaranse na contorna da praza de Barcelos. Durante a mañá pecharase a rúa San Antoniño desde o acceso desde a intersección coa praza, polo que o acceso deberá realizarse desde a rúa Benito Corbal.

Pola tarde, continuarán os traballos pero coa rúa xa aberta á circulación.

Cortes de tráfico na contorna de San Antoniño. CONCELLO