Ao polbo tamén lle gusta a cervexa

Unha cata de birra organizada no Mercado como anticipo da feira Etiqueta Negra trae a Pontevedra a Xosé Magalhaes, cociñeiro con Estrella Michelin
O chef Xosé Magalhaes (do restaurante ourensano Ceibe), preparando unha tapa de pulpo na cata de cervexa no Gastroespazo.  GONZALO GARCÍA
photo_camera O chef Xosé Magalhaes (do restaurante ourensano Ceibe), preparando unha tapa de pulpo na cata de cervexa no Gastroespazo. GONZALO GARCÍA

Unha cata de cervexa no Gastroespazo do Mercado de Abastos trouxo este luns a Pontevedra a Xosé Magalhaes, cociñeiro e responsable de Ceibe, restaurante ourensano que en 2022 logrou unha Estrella Michelin. O chef fíxose cargo da tapa de polbo que se serviu no evento, que forma parte da programación de Etiqueta Negra.

Ao acto acudiron, entre outros, a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías. Tamén responsables de distintos locais de hostalería da cidade, como Iñaki Bretal, propietario e chef do único restaurante con Estrella Michelin de Pontevedra (O Eirado).

Durante a cata servíronse distintos tipos de cervexa, todas elas da marca Estrella Galicia, compañía que patrocina a sétima edición de Etiqueta Negra, que se celebrará entre este sábado e o luns no Recinto Feiral.

Más de 80 expositores

A feira do gourmet galego, unha das máis importantes a nivel gastronómico do país, contará con máis de 80 expositores. Entre eles haberá produtores de conservas e de viño, cervexa, queixos, embutidos ou postres. Todos eles destacan pola calidade das súas propostas, moitas delas artesás e moi pegadas á terra.

O evento, que organiza o Concello de Pontevedra e no que tamén colabora a Deputación, tamén contará con mostras de cociña en directo e espazos para que o público poida tomar algo. Haberá un posto de hamburguesas de todo tipo (tamén opcións veganas), outro de doces e café.

Comentarios