O aparcadoiro de Mollavao reabre o mércores trala reforma das explanadas

Os traballos no aparcadoiro do Pavillón de Deportes Municipal comezarán proximamente

El edil de Obras_ Demetrio Gomez_ visita las obras de pavimentado del parking disuasorio de Mollavao_
photo_camera El edil de Obras, nunha visita recente ás obras de pavimentado do parking de Mollavao. ARQUIVO

O aparcadoiro de borde de Mollavao reabre este mércores, 13 de outubro. As actuacións realizadas contaron cun orzamento de 47.851 euros e incluíron traballos para o acondicionamento da explanadas, ademais de tarefas de desbroce e limpeza. 

Tal e como explicou o edil responsable de Obras Urbanas, Demetrio Gómez, estes traballos dependían en boa medida das incidencias meteorolóxicas e, nese sentido, houbo unha sorte relativa e puideron ser completados de xeito áxil e sen atrasos. O enxabre estará totalmente compactado para o día da apertura e os vehículos poderán volver aparcar na zona. 

PAVILLÓN. Doutra banda, o Concello anunciou que proximamente comezarán os traballos no aparcadoiro do Pavillón de Deportes Municipal, que recibirá o mesmo tratamento que Mollavao, polo que se producirá unha renovación integral e precisará dun peche de varias semanas para que a compactación poida ser asegurada unha melloría do terreo o maior tempo posible.

Comentarios