O aparcadoiro dos terreos de Tafisa contará con 150 prazas de estacionamento

No lugar situarase o futuro edificio universitario das Artes

Parcela donde se va a construír la nueva facultad en Tafisa. RAFA FARIÑA
photo_camera Parcela donde se va a construír la nueva facultad en Tafisa. RAFA FARIÑA

O concello comeza esta semana os traballos para acondicionar o novo estacionamento que se ubicará nos antigos terreos de Tafisa, onde se situará o futuro edificio universitario das Artes.

Esta parcela contará cunhas 150 prazas de estacionamento que se levarán a cabo cunha actuación branda de xabre.

Tamén este luns comeza o acondicionamento dos aparcadoiros de balde, situados fronte ó Pavillón Munipal. Por este motivo permanecerán pechados durante unha semana.

Comentarios