O concello comeza esta semana os traballos para acondicionar o novo estacionamento que se ubicará nos antigos terreos de Tafisa, onde se situará o futuro edificio universitario das Artes.
Esta parcela contará cunhas 150 prazas de estacionamento que se levarán a cabo cunha actuación branda de xabre.
Tamén este luns comeza o acondicionamento dos aparcadoiros de balde, situados fronte ó Pavillón Munipal. Por este motivo permanecerán pechados durante unha semana.