sábado. 25.09.2021 |
El tiempo
sábado. 25.09.2021
El tiempo

Aprazados ao luns os concertos de Acústica na Parda e o último show do Cabaré

20_00 horas_ A Parda_ Ciclo Acustica na Parda_ Actuaran A Rabela_ Queco Lago y Jacob Sainz
Unha actuación do ciclo Acústica na Parda. BEATRIZ CISCAR
O Concello de Poio tamén adiou os eventos culturais programados para a xornada

Os tres concertos que estaban programados para este domingo dentro do ciclo Acústica na Parda —de Nee Barros, Pitt Muffin e Joao Tomba— foron finalmente aprazados ao luns por mor da chuvia. O Concello de Pontevedra informou de que, tras falar con artistas e produtora, acordouse celebralos o luns no mesmo espazo e á mesma hora.

As condicións climatolóxicas tamén levaron a adiar o espectáculo Fala-Me. Trad Cabaré, programado para a noite do domingo. Celebrarase o luns ás 22.00 horas.

Tamén houbo aprazamentos en Poio, onde o Concello comunicou o aprazamento dos eventos culturais programados para a xornada debido ao tempo. Trátase do Festival Chalaniña Isolada, na praia de Lourido; do concerto de Miguel de Combarro, e do de Pelepau.

Aprazados ao luns os concertos de Acústica na Parda e o último show...
Comentarios
ç