Aprobada a ampliación do período de apertura dos furanchos en circunstancias excepcionais

Modificouse o artigo da Ordenanza municipal que regula a tempada da actividade co obxecto de estendela ata o 31 de xullo
Un cartel de furancho. DAVID FREIRE
photo_camera Un cartel de furancho. DAVID FREIRE

A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá unha modificación do artigo 8 da Ordenanza reguladora de furanchos e loureiros no Concello de Pontevedra, que regula a tempada da actividade furancheira co obxecto de permitir que se amplíe en caso de circunstancias excepcionais.

Deste xeito, esta modificación habilita a posibilidade de ampliar o período ordinario de apertura, establecido entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño, ata o 31 de xullo. Esta ampliación so será de aplicación de xeito extraordinario e cando concorran circunstancias excepcionais que impidan o desenvolvemento ordinario da tempada, tal e como aconteceu neste ano 2020 por mor da situación da crise xerada pola pandemia e que motivou a declaración do estado de alarma.

A modificiación atende a unha solicitude que a Federación de Furancheiros, Loureiros e Viticultores de Pontevedra lle trasladara ao Concello, a través da Concellaría de Urbanismo.

Comentarios