lunes. 02.08.2021 |
El tiempo
lunes. 02.08.2021
El tiempo

Aprobada a segunda prórroga para os traballos de desmantelamento das instalacións de Elnosa

Imagen de octubre de 2020 del desmantelamiento de Elnosa y el límite con el recinto de Ence en lourizán. M.B
Imaxe de outubro de 2020 do desmantelamento de Elnosa e o límite co recinto de Ence en Lourizán. M.B
Contempla unha duración de 6 meses e inclúe novos requirimentos técnicos de seguridade por parte da Administración autonómica

O Concello de Pontevedra vén de aprobar a segunda prórroga da licenza para as obras de desemantelamento das instalacións de Elnosa. Segundo informou a portavoz do Goberno municipal, Anabel Gulías, o período de ampliación dos traballos establécese en 6 meses e esta nova concesión da licenza inclúe "novos requirimentos da Xunta que teñen que ver con filtros de control para estes traballos".

A portavoz municipal explicou que o Concello non ten competencias no control ambiental deste tipo de traballos pero que "estaremos expectantes e vixiantes" para que se realicen baixo as condicións de seguridade oportunas. Neste sentido, asegurou que "nos alegramos de que estes novos condicionantes técnicos establecidos con respecto ás primeiras licenzas afonden na seguridade e garantan a saúde e a seguridade da ría de Pontevedra" e reiteriou que a correcta recuperación dos terreos de Elnosa "constitúen un paso importantísimo de recuperación de terreos nas zonas costeiras do Concello para volver desfrutar do que era noso".

Sobre a seguridade do proceso, Anabel Gulías lembrou que "cando se filtraran aquelas informacións sobre as filtracións de mercurio daquel informe da factoría Ence, a nós preocupábanos que puidesen afectar á seguridade das persoas e que pasase á ría e por tanto á cadea trófica". Naquel momento, o Concello puxérase en contacto coa Xunta para solicitar "rigurosidade nos traballos e sobre todo alertando sobre eses posibles riscos", ao que a Xunta respondera garantindo que o proceso se estaba a desenvolver con seguridade.

Por último, Anabel Gulías repasou o histórico das licenzas concedidas para estes traballos de desmantelamento, situando a primeira o 13 de abril de 2020, que fora prorrogada por A Xunta de Goberno local vén de aprobar a segunda prórroga da licenza para as obras de desemantelamento das instalacións de Elnosa.

Aprobada a segunda prórroga para os traballos de desmantelamento...
Comentarios
ç