Apúranse os trámites para a reforma da PO-224 á altura de Xeve

O investimento rolda os 935.000 euros, nos que se inclúe o pagamento dos 15 predios necesarios para a súa execución
CEIP Santo André de Xeve. DP
photo_camera CEIP Santo André de Xeve. DP

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens afectados polo proxecto para mellorar a seguridade viaria na estrada PO-224, en Santo André de Xeve.

Trátanse das expropiacións para reformar este vial autonómico coa construción dunha nova glorieta na súa intersección coa estrada PO-223 e a mellora da mobilidade peonil en toda a súa contorna. O investimento rolda os 935.000 euros, nos que se inclúe o pagamento dos 15 predios necesarios para a súa execución.

O obxectivo é reforzar a seguridade viaria na entorna da intersección coa PO-223, onde se sitúa o centro escolar CEIP Santo André de Xeve.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade procederá ao levantamento das actas previas e á licitación das obras no segundo semestre do ano. Os traballos contan dun prazo de execución de doce meses.

O obxectivo é reforzar a seguridade viaria na entorna da intersección coa PO-223, onde se sitúa o centro escolar CEIP Santo André de Xeve

Mediante este proxecto actuarase na mellora da actual intersección en cruz entre as estradas autonómicas, PO-223 e PO-224, con regulación con semáforos e unha glorieta que fomente a diminución da velocidade na zona.

PARA PEÓNS. A intervención prevé, ademais, habilitar un itinerario peonil e ciclista de 400 metros que permita conectar o núcleo de Sobral co colexio.

Tamén se procederá á reordenación e ampliación de zonas de aparcadoiro na entorna do CEIP, que disporá de 27 prazas en batería, ampliarase a zona de aparcadoiro de buses actual e incorporaranse 18 prazas para profesores e empregados do centro educativo.

Na zona frontal do CEIP, habilitarase un carril exprés, o coñecido como kiss and ride, deseñado para que os alumnos baixen do coche e poidan acceder ao centro de xeito seguro sen a compañía dos seus pais.

Comentarios