viernes. 30.07.2021 |
El tiempo
viernes. 30.07.2021
El tiempo

A árbore de Nadal máis grande de Pontevedra xa está na Alameda

Un operario na zona. GONZALO GARCÍA
Colocación da iluminación de Nadal na Alameda.
Os Bombeiros axudaron a iluminar a aucaria heterophylla, de máis de 27 metros de altura

Os nenos e nenas de Pontevedra volverán a ver iluminada a araucaria heterophylla da Alameda uns 30 anos despois de que o fixeran os seus pais e nais. A árbore máis alta do arboredo da Alameda foi incluído nesta ocasión no contrato de iluminación entre os elementos a decorar para as datas de Nadal.

No mediodía deste martes, coa axuda dos Bombeiros de Pontevedra, púxose o alumeado de tira led branca e fría (que non prexudica ás árbores) a este exemplar de algo máis de 27 metros de altura, que preside a entrada á Alameda de Sesmeros.

Os Bombeiros colaboraron na súa colocación ao manexar un dos dous camións grúas de 40 metros de altura, dos que dispón o parque. Con eles estiveron até catro operarios da empresa Progesa (adxudicataria do alumeado de Nadal).

As concelleiras Carme da Silva, responsable de Festas, e Eva Vilaverde, delegada dos Bombeiros, presenciaron parte da colocación. Carme da Silva agradeceu a colaboración dos Bombeiros (así o trasladou ao axente que manipulaba a grúa) para que os nenos e nenas de Pontevedra se ilusionen co vindeiro Nadal, especialmente nunha época tan complicada e marcada pola pandemia mundial de covid-19.

Carme da Silva destacou a incorporación do exemplar de araucaria á iluminación destas festas "porque queremos un Nadal vivo".

A árbore de Nadal máis grande de Pontevedra xa está na Alameda
Comentarios
ç