O Areeiro avanza na investigación sobre o fungo que dana á camelia

Jorge Cubela visitou a Estación e coñeceu as liñas de investigación que se levan adiante
Fotos en la Estación Fitopatolóxica do Areeiro para un reportaje amplio sobre camelias. Hay que hacer foto de entrevista a Carmen Salinero. Hablad antes conmigo (Marina) para que os cuente
photo_camera Camelias en la Estación Fitopatolóxica do Areeiro. ADP

E estación fitopatolóxica do Areeiro está a avanzar na investigación do fungo que causa o murchamento da flor da camelia a través de dúas grandes liñas de traballo centradas na caracterización da interacción planta-patóxeno e no desenvolvemento de técnicas para a mellora xénetica do xénero Camellia.

O deputado provincial Jorge Cubela acaba de constatar estes avances na comisión de seguimento do proxecto que está a impulsar o centro dependente da Deputación en colaboración coa Sociedade Española da Camelia e a Universidade de Vigo para impulsar aplicacións biotecnolóxicas que permitan obter resistencia ao fungo Cibirinia camelliae, causante do principal problema fitosanitario das camelias ornamentais a nivel mundial.

A Deputación de Pontevedra está a investir 26.000 euros neste proxecto de investigación, con vixencia ata abril de 2025, que está a avanzar no estudo dos fundamentos biolóxicos da interacción entre o fungo Cibirinia camelliae e plantas do xénero Camellia, e utilizar a mellora xenética como recurso para a obtención de flores pouco ou nada susceptibles ao ataque deste fungo altamente especializado.

En concreto, en Areeiro estase a traballar para identificar xenes candidatos da virulencia no fungo e xenes de resistencia na planta. Ademais, o centro dependente da Deputación está a desenvolver unha metodoloxía para estudar a función e o efecto de diferentes xenes sobre a susceptibilidade ao ataque do fungo.

Foi en 1999 cando se detectou por primeira vez na provincia o fungo causante do murchamento da flor da camelia e, desde entón, Areeiro está a probar diferentes estratexias para tentar o control da enfermidade. Debido á ausencia de efectividade das alternativas aplicadas ata o momento, este centro está a traballar na investigación e mellora xenética como recurso para obter flores pouco ou nada susceptibles ao ataque do Cibirinia camelliae.

A Estación Fitopatolóxica foi creada no ano 1981 como servizo adscrito á Deputación de Pontevedra na finca coñecida como Granxa Areeiro, a catro quilómetros de Pontevedra, que foi adquirida pola institución o 31 de xaneiro de 1963 e que no daquela era unha finca privada de catro hectáreas. O seu obxectivo actual é axudar aos agricultores e ao persoal técnico a recoñecer pragas e enfermidades dos cultivos e informar sobre as medidas de protección e control que se deben seguir.

Comentarios