Arranca a ruta de tapeo xunto á feira de produtos ecolóxicos 'O Mellor da Terra'

O evento celébrase en horario ininterrompido de 11.00 a 21.00 horas 
Cartaz de 'O Mellor da Terra'. DP
photo_camera Cartaz de 'O Mellor da Terra'. DP

Pontevedra acolle esta fin de semana a ruta de tapas asociada á feira 'O Mellor da Terra'. Impulsada polo Concello ao abeiro do evento gastronómico, o pistoletazo de saída veu da man da edil de Promoción Económica, Yoya Blanco, e o tenente de alcalde, Tino Fernández, ademais de representantes de Hoempo. 

Deste xeito, cada un dos establecementos hostaleiros participantes escolleu un dos productos presente nos 26 stands que conforman a iniciativa, que busca poñer en valor os alimentos ecolóxicos, naturais e de proximidade. Cada local concibiu unha tapa coa súa elección, que ofertará para degustación durante estes días. 

A feira estenderase deste este venres, 7 de maio, ata o domingo 9, en horario ininterrompido de 11.00 a 21.00 horas. 

Comentarios