Arranca unha batería de propostas de Nadal para incentivar o comercio local

A campaña #AgasallaCultura promove experiencias músico-culturais como agasallo nestas datas
Nenos e nenas gozando no Recinto Feiral das opcións que ten o Nadal en Xogos na pasda xornada. J. CERVERA
photo_camera Nenos e nenas gozando no Recinto Feiral das opcións que ten o Nadal en Xogos na pasda xornada. J. CERVERA

A batería de iniciativas promovidas dende o Concello para estas datas tan especiais teñen un obxectivo común: ao tempo de reforzar a oferta de ocio para a cidadanía, preténdese dinamizar o comercio local a través de campañas como #AgasallaCultura, consistente en mercar agasallos non materiais e que aposten polas experiencias musico-culturais.

"Nestes tempos nos que a xente xa ten de todo, en vez de mercar cousas materiais que logo rematan en Wallapop, merquemos e agasallemos experiencias músicoculturais. Un concerto, unha obra de teatro, etc. Iso é algo que lle chega ao corazón a calquera", expresa a concelleira.

Na programación inclúense concertos como o da Orquestra Sinfónica de Pontevedra, a obra teatral Nova York en un poeta ou o Concerto da xira Mundos Inmbóbiles derrumbándose.

Estes eventos terán lugar no Pazo da Cultura e xa contan con venda anticipada en ataquilla.com a partir de 4 euros.

NADAL XOGOS. Mentras tanto, os nenos que se acheguen ata a Alameda e o Recinto Feiral poden gozar xa do universo de Nadal, ilusión e divertimentos infinitos grazas a propostas como Ponte Xogos e Nadal Xogos, que onte inaugurouse formalmente da man dos concelleiros Yoya Blanco e Iván Puentes. Tralo corte da banda vermella, os presentes puideron gozar da variada proposta de ocio: un tobogán de xeo xigante, inchables, karts eléctricos, unha churrería, Zona Baby e Zona Xuvenil.

"Hay una gran afluencia de gente en las distintas carpas. Los niños disfrutan mucho de estas propuestas que es de lo que se trata", expresa Yoya Blanco.

Non só os nenos son os protagonistas destas actividades. Segundo a concelleira, adolescentes e familias participan activamente nas actividades e decoracións que están dispoñibles na vila. "La Navidad llega para que gente de diferentes edades disfrute de la animación y dinamización de las zonas comerciales y la hostelería local", di Blanco.

Amosar o recibo dunha compra no comercio da vila, permitirá acceder acceder ao Recinto Ferial entre os días 16 de diciembro e 8 de xaneiro, en horario de tarde (de 16.30 a 20.30 horas) para gozar de Nadal Xogos (de 16.30 a 18.30 horas os días 24 e 31 de dicembre o 5 de xaneiro. A proposta pechará o 25 de decembro e os días 1 e 6 de xaneiro).

Os Chichisos volven cantar polas rúas de Pontevedra durante este Nadal

O grupo Os Chichisos, acompañados de diversos instrumentos como gaita, tamboril, pandeiretas ou o bombo (entre outros) e máis un grupo de nenos e nenas, xuntaranse de novo para levar os Cantos de Reis polo concello de Pontevedra.

Volven as panxoliñas e, para iso a agrupación volve a facer ensaios os días 27, 28, 29 de decembro e 2, 3 de xaneiro na Casa do Pobo de Bértola-Vilaboa ás 20.00 horas. O programa de Nadal espérase desenrolar o día 4 de xaneiro cos Cantos de Reis de 17.30 horas ata as 20.00 horas polas prazas e rúas de Pontevedra.

En concreto o ruteiro irá dende Praza da Liberdade e de San Xosé. Logo continuará pola Rúa da Oliva, da Peregrina e Daniel de la Sota, Praza da Peregrina, Ferrería e rematarán na Praza de Curros Enríquez.

O programa está incluído dentro do Programa de Nadal do Concello de Pontevedra e o obxectivo da agrupación é volver recuperar (por 21 ano consecutivo) unha tradición na que se unía a xente -sobre todo mozos e mozas- a cantar cancións tradicionais e logo acadar algo de xantar e algunhas lambetadas para montar a festa despois

Comentarios