Arrancan as obras do novo saneamento de Alba

Máis de 80 vivendas desta parroquia e das de Lérez e Cerponzóns poderán conectarse ás novas instalacións nos vindeiros meses
Obras de saneamento en Alba. DP
photo_camera Obras de saneamento en Alba. DP

A concellaría do Ciclo da Auga, que xestiona Raimundo González, iniciou esta semana o proxecto de instalación do novo saneamento da parroquia de Alba. As obras, que realiza a empresa Oresa, comezaron polo lugar da Devesa cun orzamento de 1.651.849,63 euros e dará servizo a 83 vivendas.

No proxecto está previsto, ademais da instalación das novas redes de sumidoiros, a creación dun bombeo colectivo no lugar da Devesa e a reposición de máis dun quilómetro da rede de pluviais existente. Aínda que este proxecto dará servizo aos lugares de Touceda, Pontecabras, O Bispo e A Devesa na parroquia de Alba, tamén servirá para conectar o lugar da Cendona na parroquia de Lérez; e de Vigario na parroquia de Cerponzóns. O custe por vivenda está estimado en 30.000 euros

Comentarios