jueves. 22.04.2021 |
El tiempo
jueves. 22.04.2021
El tiempo

Arrancan os traballos de rehabilitación integral do parque infantil de Ponte Muíños

Obras no parque infantil de Ponte Muíños. DP
Obras no parque infantil de Ponte Muíños. DP
As obras contemplan a reposición de todo o pavimento, a reparación do valo perimetral e a substitución e tratamento de elementos deteriorados
 

A empresa Garocaprim SL está a acometer unha serie de traballos destinados á rehabilitación integral do parque infantil situado no barrio de Ponte Muíños, na rúa dos Matos de Arango –nas inmediacións do Complexo Deportivo Supera Rías do Sur–.

As obras, impulsadas pola Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, suporán un investimento de 5.000 euros e contemplan a reposición de todo o pavimento da zona de xogos, a reparación do valado perimetral e a substitución e tratamento dos elementos deteriorados ou en mal estado de conservación.

Segundo explicou o responsable do departamento municipal, Iván Puentes, "o proxecto inclúe a restauración de travesas e táboas de madeira, a correcta fixación de postes ao chan, o lixado de todo o valado polas súas dúas caras e o posterior tratamento de conservación da madeira mediante a aplicación de dúas mans de verniz lasur". "Tamén se inspeccionarán os diversos xogos, substituíndo táboas deterioradas e lixando os mesmos, repoñendo aqueles parafusos e tapóns en mal estado e aplicándolles un lasurado e unha man de pintura especial a aquelas pezas que van pintadas", sinala o edil do PSOE.

Os operarios de Garocaprim SL recolocarán ademais un resorte que se atopaba solto, reforzando a zapata de formigón existente y ancorándoo con spis de aceiro inox e taco químico.

Estas obras de reforma enmárcanse no proxecto impulsado por Iván Puentes para que todos os parques infantís de Pontevedra conten cun certificado de seguridade emitido pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC).

Arrancan os traballos de rehabilitación integral do parque infantil...
Comentarios
ç