sábado. 23.01.2021 |
El tiempo
sábado. 23.01.2021
El tiempo

O arranxo do carril bici e da senda peonil de Bos Aires ten un custo de 35.000 euros

Iván Puentes (izquierda) e Eva Vilaverde visitaron as obras. DAVID FREIRE
Iván Puentes (izquierda) e Eva Vilaverde visitaron as obras. DAVID FREIRE
Os traballos de mellora que acomete o Concello rematarán a a comezos da semana próxima

A concelleira de Sostemento de Espazos Públicos Urbanos, Eva Vilaverde, e o concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes visitaron este venres as obras de arranxo do carril bici e da senda peonil na avenida Bos Aires. Estes traballos de mellora estarán rematados a comezos da vindeira semana e contan cun orzamento de 35.000 euros.

Tras a visita, ambos explicaron que esta actuación se facía necesaria polo deterioro que presentaban ambos espazos e, máis especialmente, pola presión que as zonas verdes e de esparexemento están a ter durante esta situación de pandemia.

Eva Vilaverde indicou que o comezo destes traballos estivera supeditado a climatoloxía e que en todo caso o obxectivo é "que quede en óptimas condicións, con boa calidade, e sen obstáculos que poidan ser perigosos". Neste sentido, explicou que no carril bici se procedeu a cortar as raíces superficiais das árbores que causaran o levantamento do pavimento e que, nos tramos afectados, xa se procedeu ao recheo e tan só queda repoñer o firme.

Pola súa banda Iván Puentes, explicou que en paralelo aos traballos de mellora no carril bici se está a acometer a impermeabilización en dous puntos da senda peonil co obxecto de actuar sobre as filtracións de auga. Asegurou que estas filtración supoñían "unha dificultade para moitos viandantes, especialmente para as persoas con problemas de mobilidade, que nos teñen transmitido que esas humidades implicaban un risco de esvaramento e tamén para toda a xente que pasea pola beira do río". Indicou que os dous puntos nos que se realizará a mencionada impermeabilización están situados nunha zona próxima á fervenza que baixa do encoro de Monte Porreiro. Tras as tarefas de impermeabilización, procederase a repoñer o pavimento para evitar a erosión da senda.

O arranxo do carril bici e da senda peonil de Bos Aires ten un...
Comentarios