viernes. 26.02.2021 |
El tiempo
viernes. 26.02.2021
El tiempo

A arte da pedra en seco, primeiro ben galego no patrimonio inmaterial da Unesco 

Exemplo de construcción coa arte da pedra en seco. DP
Exemplo de construcción coa arte da pedra en seco. DP

Esta técnica de construción tradicional, que prescinde de calquera argamasa ou morteiro, resulta especialmente relevante nas comarcas de Pontevedra, Terra de Montes e Deza

A técnica de construción tradicional de pedra seca será o primeiro ben de Galicia en ser incluído na lista representativa do patrimonio inmaterial da Unesco, ao formar parte dunha candidatura internacional conxunta con outras sete comunidades e que está liderada por Chipre e Grecia. 

Así o decidiron este mércores os representantes deste organismo na súa reunión anual do comité intergobernamental de salvagarda do patrimonio cultural inmaterial celebrada en Port-Louis, na República de Mauricio. 

Por parte da Xunta, participou a directora xeral de Patrimonio Cultural, Carmen Martínez Ínsua. Xunto a Galicia forman parte desta candidatura Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Estremadura, Cataluña e Valencia. Ademais de España están países como Grecia, Chipre, Suíza, Croacia, Eslovenia, Francia e Italia. 

Esta técnica, que prescinde de calquera argamasa ou morteiro, resulta especialmente relevante nas comarcas de Pontevedra, Terra de Montes, Deza, Bergantiños, Terra de Soneira, Xallas, Fisterra, Terra Chá e Ribeira Sacra. 

A arte da pedra en seco, primeiro ben galego no patrimonio...
Comentarios
ç