Artesanía galega de mulleres en Lourido

'Un mercado en cada porto' abriu este domingo a segunda edición con 15 postos e unha exposición fotográfica en homenaxe ás artesás
Mulleres artesás no mercado artesanal na praia de Lourido. DF
photo_camera Mulleres artesás no mercado artesanal na praia de Lourido. DF

A praia de Lourido acolleu este domingo o inicio da segunda edición da feira artesanal itinerante 'Un mercado en cada porto', organizada pola Xunta de Galicia en colaboración coa empresa Onyvá Eventos. "Esta é unha feira liderada por mulleres artesás de Galicia e unha homenaxe ás antecesoras artesás a través dunha exposición de fotografía reivindicativa", explicou a organizadora da feira, Graciela Castro (Onyvá Eventos).

Para poder participar os únicos requisitos a cumprir son que as marcas sexan galegas e estean rexistradas en Artesanía de Galicia. Despois o equipo de organización fai unha selección en relación á creatividade, os materiais, o inxenio e todo o traballo que hai detrás.

Mulleres artesás nos seus postos no mercado na praia de Lourido. DF
Mulleres artesás nos seus postos no mercado na praia de Lourido. DF

Aínda que a mañá estivo pasada por auga, as artesás amosaron a súa ledicia por poder participar no mercado. A organizadora afirmou que as expectativas de afluencia para este ano sen as restricións da pandemia, que si sufriron o ano anterior, son mellores.

A concelleira de Cultura de Poio, Raquel Rodríguez, agradeceu a oportunidade de poder achegar esta parte da artesanía galega a todos os veciños e veciñas e tamén ás persoas que visitasen onte ese lugar tan emblemático dende o Porto das Señoritas ata o Porto de Campelo.

Nos 15 postos atoparonse produtos artesanais de todos os tipos: roupa, accesorios, produtos cosméticos, xoias, decoración...

OS POSTOS. Nos 15 postos atópanse produtos artesanais de todos os tipos: roupa, accesorios, produtos cosméticos, xoias, decoración...

Un exemplo de reinvención e aposta pola artesanía son As Jerolas de Curtis. Sofía e Lucía comezaron a elaborar bolsos feitos a man co lema "De cada uno solo uno". Pouco a pouco foron creando outras prendas como abrigos e crearon ás 'Josefas', uns panos para a cabeza inspirados nos panos negros que as súas avoas levaban na cabeza, pero neste caso empregando deseños coloridos e chamativos "con toda la luz y color que nos transmitieron ellas". Á parte desta marca propia, as Jerolas fixeron uns bolsos de rede en colaboración coas redeiras de Corme cos que conseguiron un premio de artesanía.

Raquel Rodrñíguez, concelleira de Cultura de Poio e  Graciela Castro, organizadora. DF
Raquel Rodrñíguez, concelleira de Cultura de Poio e Graciela Castro, organizadora. DF

Noutro dos postos sitúase Sara, unha educadora social que ten como afección a costura e decidiu montar 'A Sariña Maquinando', un proxecto de artesanía téxtil que trata de escapar da moda rápida das grandes industrias coa intención de que as persoas poidan mercar complementos de forma máis ética. "Sempre traballamos con materiais mercados no comercio local e a nosa filosofía é traballar sempre con materiais que se poidan reciclar", subliña Sara.

Mercado de artesania en praia Lourido. DF
Mercado de artesania en praia Lourido. DF

PRÓXIMOS MERCADOS. As seguintes paradas de 'Un mercado en cada porto' serán as vilas de Portosín, Rianxo, Fisterra, Malpica e A Coruña.

Comentarios