As excursións en embarcacións tradicionais polo río Lérez volven durante as festas da Peregrina

As rutas realizaranse do día 8 ao 15 de agosto e terán unha duración de 40 minutos
Saída de embarcacións tradicionais no marco da Festa das Cunchas. EP
photo_camera Saída de embarcacións tradicionais no marco da Festa das Cunchas. EP

A Concellería de Turismo de Pontevedra anunciou o retorno dos paseos polo río Lérez en embarcacións tradicionais coincidindo coas festas da Peregrina

As rutas realizaranse do día 8 ao 15 de agosto e terán unha duración de 40 minutos, distribuidos en 20 minutos de ida e 20 minutos de volta en dirección Lourido. Cada embarcación terá un aforo máximo de seis persoas, que serán acompañadas polo patrón e por un mariñeiro.

As inscricións poden formalizarse de maneira gratuita na páxina web de Visit-Pontevedra (https://www.visit-pontevedra.com/),

Comentarios