Jorge Cortizo asalta a pasarela no Debut

O desfile de traballos fin de estudos da escola de deseño e Moda de Galicia (Esdemga) ▶O segundo premio é para Sara Vázquez ▶«Aquí temos unha mostra do que estes alumnos son capaces de facer», di Lola Dopico

O DEBUT premia a desnudez do amor casual. "Weekend Lovers" é o título da colección coa que o alumno de último curso José Cortizo se fixo co primeiro premio do certame que recoñece, cada ano, os mellores traballos dos titulados nos Estudos de Deseño e Moda de Galicia (Esdemga). «Los amantes casuales se desprenden de la ropa de manera violenta, se rigen por los impulsos del cuerpo, dejando atrás la voluntad, que se vuelve pasiva para anular el conocimiento de la conveniencia de los actos», explícase na web do Debut sobre a colección gañadora. "Weekend Lovers" desnuda los cuerpos por medio de las prendas. Es un estado permanente de desnudez cubierta con sentido poético puro».

En segundo lugar quedou Sara Vázquez, coa colección "Welcome to my Loft", unha homenaxe á moda, aos complementos e á estética pop.

Así o decidiu o xurado da edición deste ano, formado polo director académico da Accademia Costume e Moda de Roma, Adrian Roberts; o director de operacións de Medwinds Barcelona, Pau Lari; o responsable da colección de moda contemporánea do Museo del Traje de Madrid, Juan Gutiérrez, e a mexicana Mónica Mendoza, directora de deseño téxtil e moda da universidade Centro.

Foron 15 os novos titulados que mostraron onte, ante máis dun milleiro de persoas congregadas no Recinto Feiral, os seus proxectos de fin de estudos. Pero, en total, Debut ofreceu a posibilidade de ver deseños de máis de 70 estudantes. «Este ano cambiamos a orde que viñamos tendo na pasarela», explicou a directora de Esdemga, Lola Dopico, ao comezo da actividade. «Comezarán desfilando os 15 egresados para despois facer unha pausa trala que se poderán ver traballos de alumnos de primeiro e segundo curso».

Ademais de José Cortizo e Sara Vázquez, mostraron as súas coleccións os titulados Verónica Arjomil, Nuria Doce, Isabel Domenech, David Domínguez, Melania Freire, Andrea González, Zaira Margae, Luis Mariño, Iago Otero, Érica Oubiña, Rosa Reboreda, Carla Redondo e Tatiana Rico.

Dopico agradeceu a colaboración de institucións como o Concello e a Universidade de Vigo no desenvolvemento do Debut, que leva celebrándose máis dunha década en Pontevedra. Tamén lle agradeceu as súas achegas aos diferentes patrocinadores, especialmente a Jesús Peiró, que outorga os dous premios do certame, dotados don 2.500 e 1.500 euros.

A directora de Esdemga, ademais, aproveitou para lembrar que Debut non é unha pasarela comercial. «Este é o proxecto dunha escola. Non somos un equipo profesional nin unha axencia. Somos estudantes e mestres»,dixo. «Detrás de todas estas propostas hai un traballo esforzadísimo enmarcado nun proxecto de aprendizaxe. Esta simplemente é unha mostra do que estes alumnos son capaces de facer».

Comentarios