Así afectará ao tráfico rodado a carreira contra o cancro deste domingo

Pontevedra volverá saír á rúa por unha boa causa

O inicio e final da proba terán lugar na avenida de Montero Ríos
photo_camera O inicio e final da proba terán lugar na avenida de Montero Ríos

A cidade do Lérez acollerá este domingo, 7 de outubro, a II Marcha andar e correr contra o cancro de Pontevedra. A proba, organizada pola AECC, recadará fondos para fomentar proxectos de investigación e para programas de prevención e atención psicolóxica e social para pacientes e familiares.

A saída e a chegada da proba estarán situadas na Avenida Montero Ríos e o custo da carreira absoluta é de oito euros (gratuíta para os nenos).

CORTES. A carreira provocará cortes de tráfico en distintos puntos da Boa Vila. Segundo informou a Policía Local, o peche ao tráfico nas zonas afectadas comezará ás 10.30 horas do domingo, mentres que o inicio e o final esperado da proba están programado para as 11.00 e preto das 13.00 horas, respectivamente.

Itinerario da proba (azul), áreas con saída pero sen acceso de vehículos (vermello) e áreas sen mobilidade de vehículos (negro). POLICÍA LOCAL
Itinerario da proba (azul), áreas con saída pero sen acceso de vehículos (vermello) e áreas sen mobilidade de vehículos (negro). POLICÍA LOCAL


As rúas que sufrirán cambios na súa mobilidade na mañá do domingo son: Montero Rios, Rúa Alameda, Paseo Rosalía de Castro, Jardines de Vincenti, Riestra, Oliva, García Camba, Andrés Muruais, Andrés Mellado, Peregrina, Plaza Peregrina, Michelena, Bastida, Don Filiberto, Manuel Quiroga, Soportales, Paseo Odriozola, Pasantería, Sarmiento, Don Gonzalo, Plaza Curros Enriquez, Real, Sarmiento, San Julián, Arco, Plaza da Pedreira, Arcos de San Bartolomé, Sierra, Valentín García Escudero, Puente, Plaza del Muelle, Arzobispo Malvar, Pardo Bazán, Plaza Concepción Arenal, General Martitegui, Marescot, Alameda; Paseo Rosalía de Castro; Jardines de Vicenti, Riestra e Montero Rios.

A Policía tamén precisa que o estacionamento nestas rúas non está prohibido, se ben os vehículos que se atopen no percorrido non poderán moverse ata o remate da carreira.

Comentarios