Así serán as festas do verán 2020: máis dunha ducia de escenarios nos barrios e programación local

Celebracións tan importantes para Pontevedra como as da Peregrina ou Feira Franca terán lugar este ano aínda con algunhas medidas excepcionais

Ambiente en la Feira Franca. RAFA FARIÑA
photo_camera O emblemático Rafa Córdoba, na Feira Franca do pasado ano. RAFA FARIÑA

"Vai haber festas este verán". Con esta afirmación respostou Carme da Silva a unha das preguntas más repetidas nas últimas semanas. O equipo do departamendo de Festas do Concello traballou ao longo das últimas semanas no deseo dunha ampla programación de verán que respecte as medidas de seguridade recomendadas polas autoridades sanitarias. 

Deste xeito, non haberá grandes concertos na semana grande das Festas da Peregrina, pero si multitude de actuacións por barrios coa instalación de máis dunha ducia de pequenos escenarios en zonas como Eduardo Pondal, Campolongo, San Antoniño, O Burgo ou Monte Porreiro, ademáis dos xa habituais do centro histórico da cidade. "Estamos aforando todos os espazos nos que queremos colocar eses escenarios para controlar a cantidade de xente que asiste aos eventos e respectar a distancia interpersoal", explicou Carme da Silva na mañá deste venres.

Por outra parte, as empresas que participarán na programación, que comprende actividades musicais, teatro, danza ou espectáculos de maxia, serán todas do ámbito local e galego. "É unha forma de facer unha inxección económica no sector cultural, que está a sufrir especialmente esta crise", indicou a concelleira de Festas.

Neste sentido, Da Silva sinalou que o orzamento previsto para as festas, que estaban xa programadas no momento no que se declarou a pandemia, manterase, xa que os cambios supoñen un incremento considerable nos gastos. 

Polo tanto, este verán haberá Festival Internacional de Jazz, Festas do Sontiaguiño do Burgo, da Peregrina e da Feira Franca. Máis repartidas por barrios, máis galegas que nunca e respectando as medidas sanitarias. "Queremos ser responsables e que o esforzó feito pola sociedade despois de dous meses de confinamento non salte polos aires", explicou Da Silva.

Comentarios