Así serán as festas 'post-covid' en Pontevedra

O Concello deseña unha organización alternativa dos concertos na cidade, con 13 escenarios que cumpren coas novas regras de seguridade e que terán aforos desde 70 persoas ata 314
Carme da Silva. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Carme da Silva. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O importante é que a cidade non quedará sin festas en verán. De feito, o Concello garantizou este venres que o municipio celebrará os festexos estos meses con un total de 13 escenarios repartidos polo centro e polos barrios. Entre todos os espazos sumarán un aforo de 2.098 persoas sentadas, contabilizados coas distancias e medidas de seguridade vixentes neste momento.

Os tradicionais concertos masivos serán reemplazados por actuacións localizadas en prazas e barrios, con aforos controlados. O espazo con máis cabida é a praza de España, onde se poderán acoller a 314 persoas. E o máis reducido, a praza de Barcelos con capacidade únicamente para 70. A intención é dar cabida e, de paso, axudar tanto aos grupos locais como aos galegos.

As festas "sen aglomeracións e con actuacións simultáneas" que anunciara a finais do mes pasado a concelleira Carme da Silva, contarán cos citados 13 escenarios en diferentes puntos do centro e dos barrios da cidade. Esta multiplicidade de espazos permitirá, tal e como estaba previsto, combinar o calendario festivo e a programación de verán coa seguridade das persoas, tanto público como artistas e traballadores.

O servizo de Festas, que estivo durante as últimas semanas estudando os diferentes espazos dispoñibles, determinou a capacidade de cada un destes espazos atendendo ás distancias e medidas de seguridade vixentes neste momento. Isto é, todas as persoas estarán sentadas e a distancia de seguridade entre cadeiras é de dous metros, ao que se lle engaden os corredores e espazos necesarios para establecer os fluxos de circulación.

A capacidade de cada un destes lugares implicará, ademais, o deseño dunha programación que inclúa actuacións de diverso formato e coherentes con cada un dos espazos, con opcións para todo tipo de públicos e con variedade de estilos e disciplinas como teatro, música, audiovisual ou maxia.

Neste sentido, a concelleira Carme da Silva lembrou este venres que "temos unha cidade pioneira no seu modelo urbano o que nos permite adaptarnos ás circunstancias que hai en cada momento para poder programar ou reprogramar as distintas actividades".

O programa definitivo, que está sendo xa ultimado, contempla que a programación de verán dea inicio a finais de xuño e incluirá grupos, compañías e empresas de servizos culturais e de espectáculos maioritariamente de Pontevedra e da súa contorna.

Deste xeito, tal e como xa manifestara a propia Da Silva, "o esforzo por readaptar a programación dentro deste marco vai supoñer unha inxección de recursos importante para empresas da zona", ao que se lle suma a "dinamización do comercio e da hostelaría" que supoñen as festas e toda a programación de verán.

Comentarios