Tres meses de cárcere e multa a dous membros de Casa María

Descarta que quede probado as necesidades terapéuticas dunha parte dos socios e apunta risco de difusión da droga fóra do local

Los acusados, durante una de las vistas del juicio. JAVIER CERVERA-MERCADILLO.
photo_camera Los acusados, durante una de las vistas del juicio. JAVIER CERVERA-MERCADILLO.

A Audiencia da Provincia de Pontevedra condenou a tres meses de prisión e ao pago dunha multa de 1.762 euros o presidente e o tesoureiro da asociación cannábica Casa María de Pontevedra.

O tribunal considerou a cada un deles culpable dun delito contra a saúde pública na súa modalidade de substancias que non causan grave dano á saúde, coa concorrencia de erro vencible de prohibición e das atenuantes analóxicas de dilacións indebidas e drogadicción. Por outra banda, absolveu a un socio da entidade acusado dun delito contra a saúde pública por carecer de probas de que preparase "toda a intendencia e abastecemento". 

O tribunal considera acreditado que, polo menos desde o mes de marzo de 2013, os dous acusados adicáronse a utilizar a vivenda na que a asociación tiña a súa sede para “cultivo e secadeiro de plantas de cánnabis que logo distribuían entre quen se facía socio, a cambio dun importe que cada un pagaba no momento da súa adquisición”.

A sentenza destaca na sentenza que os dous dirixentes permitían que a droga se consumise no exterior da asociación, xa que non consideran suficiente medida de prevención unha advertencia verbal. Tampouco dá por probada a afirmación dos procesados de "ter por acreditada" que ata un 30 ou 40 por cento dos socios tiñan necesidades terapéuticas.

Ademais, descarta que o caso estaría fóra do ámbito "da doutrina xurisprudencial do consumo compartido", dado que existía un "risco de difusión" da droga e non se trataba só dun grupo de xente consumindo nun lugar pechado. ​

Comentarios