Augas de Galicia acomete a limpeza do río Couso en Xeve

As tarefas baséanse na retirada das árbores e pólas caídas na canle e da madeira morta existente 
Inicio dos traballos en Couso. DP
photo_camera Inicio dos traballos en Couso. DP

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Couso ao seu paso polo lugar do mesmo nome, na parroquia de Xeve.

As tarefas que se están a desenvolver céntranse na retirada das árbores e pólas caídas na canle que poden formar atoamentos, así como da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que se realiza no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa.

Comentarios