Aurora Rodríguez fai 101 anos en Lérez co censo de centenarios á baixa

O Concello de Pontevedra ten actualmente 70 veciños co século feito; deles 51 son mulleres e 19 homes
Aurora Rodríguez recibiu un ramo de flores do alcalde, que a visitou xunto coa edil Mª José Abelleira. DAVID FREIRE
photo_camera Aurora Rodríguez recibiu un ramo de flores do alcalde, que a visitou xunto coa edil Mª José Abelleira. DAVID FREIRE

Aurora Rodríguez Fernández, unha das veciñas máis queridas de Lérez, vén de facer os 101 anos de idade e este luns celebrou o seu aniversario na súa vivenda da rúa da Gándara, onde estivo acompañada de toda a súa familia, entre eles netos, bisnetos e tataranetos.

A centenaria realizou un perfecto percorrido de actualidade polo presente da súa familia aproveitando a visita do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que a agasallou cun ramo de flores e conversou con ela, e a concelleira María José Abelleira. Aurora, que se atopa ben de saúde, conversou co alcalde e coa edil.

Pontevedra suma actualmente 70 centenarios, segundo os datos actualizados do padrón, fronte aos 86 de hai só once meses. Mantense a maioría feminina (51) fronte á masculina (19).

Comentarios