jueves. 22.08.2019 |
El tiempo
jueves. 22.08.2019
El tiempo

Autorizadas 233 comidas de particulares na Feira Franca

Participantes na anterior edición da Feira Franca. RAFA FARIÑA
Participantes na anterior edición da Feira Franca. RAFA FARIÑA

Pontevedra viaxará o 31 de agosto e 1 de setembro ao século XV coas lendas como fío condutor

O venres 31 de agosto e o sábado 1 de setembro Pontevedra viaxará ao século XV para lembrar que no ano 1497 o rei Henrique IV de Castela outorgoulle á Boa Vila o privilexio para instaurar un mercado libre de impostos dun mes de duración.

A participación da cidadanía é clave nesta cita, declarada de Interese Turístico de Galicia, e que este ano estará dedicada ás lendas. Segundo informa a Concellaría de Festas, este ano autorizáronse 233 ceas e xantares na rúa a particulares, ademais de 143 permisos para hostalaría e 68 para a instalación de postos do mercado medieval.

Deste xeito, as rúas e espazos públicos do centro histórico e contorna encheranse de artesáns, canteiros, ferreiros, palilleiras, cesteiros, oleiros, redeiras, carpinteiros, músicas, xograres, campesiños, toneleiros, artistas, comerciantes, damas e cabaleiros, listos para mergullarse no pasado e participar nas numerosas actividades propostas.

PROGRAMA
►Venres 31 de agosto. Xornada inaugural
19.00 h. Pregoeiros a cabalo anuncian o comezo da XIX edición da Feira Franca polo
centro histórico.
22.30 h. Espectáculo As portas do Lérez a cargo das compañías Kull d’Sak e Troula na
Ferraría.

Sábado 1 de setembro. Día da Feira Franca
11.30 h. Apertura do mercado medieval (avda. de Santa María) e da mostra de oficios (praza da Ferraría e do Peirao)
11.30 h. Cantigas de Afonso X e música medieval. Asociación Cultural Pola Vila, centro histórico.
12.00 h. Recreación do transporte do viño pola asoc. Recriativa de Xeve, Art Monium, Pablo Méndez, animación, música, representacións... Percorrido: rúas de Santa Clara, Sarmiento, Pasantaría, praza da Ferraría e remate na praza da Peregrina.
12.30 h. Demostración e obradoiros de esgrima. Escola Hungaresa, Montero Ríos.
12.30 h. Exhibición e obradoiro de iniciación á esgrima antiga. Mercenarios do Norte, Verdura.
13.00 h. Tiro con arco. Boa Vila, Montero Ríos.
13.30 h. Cetraría. Falcóns Galicia, Montero Ríos.
17.00 h. Demostración e obradoiros de esgrima. Escola Hungaresa, Montero Ríos.
17.30 h. Gran torneo medieval. Hípica Celta, praza de touros. Entrada de balde ata completar capacidade; polas portas 2, 3 e 6.
17.30 h. Exhibición de danza. Club Treboada, Montero Ríos.
17.30 h. Exhibición e obradoiro de iniciación á esgrima antiga. Mercenarios do Norte, Ferraría.
17.30 h. Animación medieval. Olodum do Coio, centro histórico.
18.00 h. Pasarrúas de paxaros xigantes e domadores polas rúas do centro histórico.
18.00 h. Cantigas de Afonso X e música medieval. Asociación Cultural Pola Vila, centro histórico.
18.30 h. Música e bailes medievais. Asociación de Coros e Danzas Duos Pontes, Peregrina.
18.30 h. Competición-exhibición de tiro con arco. Club Boa Vila, Montero Ríos.
19.00 h. Pasarrúas de bufóns e trobadores polas rúas do centro histórico.
19.00 h. Cetraría. Falcóns Galicia, Montero Ríos.
19.30 h. Exhibición de danza. Club Treboada, Montero Ríos.
19.30 h. Pasarrúas. Art Monium, centro histórico.
20.00 h. Gran torneo medieval. Hípica Celta, praza de touros. Entrada de balde ata completar capacidade; polas portas 2, 3 e 6.
21.00 h. Pasarrúas. Art Monium, centro histórico.
21.00 h. Cantar de cego e música medieval. Foula, centro histórico.
21.45 h. Pasarrúas dos Errantes, centro histórico.
23.00 h. Pasarrúas e fin de festa. Art Monium, centro histórico.

Autorizadas 233 comidas de particulares na Feira Franca
Comentarios