Vídeos

Avanza a poda de árbores nas inmediacións da praia fluvial

A empresa Arbogal comezou este mércores a poda de eucaliptos e outras árbores invasoras, como acacias, nas inmediacións da praia fluvial do Lérez e da parte máis urbana da senda fluvial.

Estes traballos, que realiza a Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, obrigaron a cortar o vial de baixada da estrada de Monte Porreiro.

O edil socialista Iván Puentes realizou unha visita á zona para supervisar as actuacións, que teñen un orzamento duns 18.000 euros. "As podas destes eucaliptos próximos á estrada, que son os de maior tamaño, prolongaranse durante a xornada de mañá xoves", indicou, polo que o vial podería abrirse de novo á circulación o venres, agás que a empresa precisase tamén esa xornada.

Unha vez rematada a eliminación de especies invasoras, Medio Natural realizará a plantación de árbores autóctonas de ribeira.
 

Comentarios