O banco máis 'amoroso' do Nadal pontevedrés adorna xa a praza de Ourense

Está pensado para que os veciños se desexen nel felices festas e suban a imaxe ás súas redes

O banco máis amoroso do Nadal pontevedrés. DP
photo_camera O banco máis amoroso do Nadal pontevedrés. DP

Os operarios de xardíns de Pontevedra sorprenderon este venres coa instalación dun orixinal elemento decorativo chamado a converterse, en palabras do propio Concello, no " banco máis 'amoroso' do Nadal pontevedrés'. Ubicado na praza de Ourense (fronte aos xardíns de Casto Sampedro), está pensado para que os veciños da Boa Vila e os seus visitantes se feliciten as festas.

Este bambán está adornado con acivro e outras plantas de Nadal e a Concellaría de Medio Ambiente anima a todos os residentes que queiran a subir ás súas redes a foto no banco co cancelo #BONADALBOAVILA. "O Concello recollerá todos e fará unha galería de imaxes", explica o departamento municipal nun comunicado. 

Comentarios